Vídeo da presentación-recital de Medrar nas mans no Culturgal 2013 en Pontevedra.
Acompáñanme o editor Bieito Ledo, o libreiro Fernando Miranda e a pianista Jezabel Argüelles
http://www.youtube.com/watch?v=Pwc-nFIJs9A&feature=youtu.be
Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
sábado, 30 de noviembre de 2013
jueves, 28 de noviembre de 2013
Fronte ó mar
Fronte ó mar...un camiño
a verdadeira fuga...
(o espertar aínda é posíbel)
Asun Estévez (Medrar nas mans)
Sempre ti
Ti sempre
nesa rúa que desando
de regreso a min.
Na emoción das cousas
que están por vir.
Nese dourado lenzo
onde ninguén me buscou...
Ti sempre,
ese instante inextinguible
que me posúe,
esa condena doce
que ven para salvarme
e permanece.
Sempre ti,
principio e fin
que se enraíza
na miña nudez.
Voz que me sementa,
secreta luz
que me vive
e me fai eterna.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
nesa rúa que desando
de regreso a min.
Na emoción das cousas
que están por vir.
Nese dourado lenzo
onde ninguén me buscou...
Ti sempre,
ese instante inextinguible
que me posúe,
esa condena doce
que ven para salvarme
e permanece.
Sempre ti,
principio e fin
que se enraíza
na miña nudez.
Voz que me sementa,
secreta luz
que me vive
e me fai eterna.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Todo chega
Xa non esperaban nada
pero chegou o todo
e sorprendeunos...
Olláronse e descubriron un horizonte,
o inicio dun novo camiño.
Recoñecéronse a pesar do tempo
e botáronse a andar...
Imposível esquecer tanto.
A vida de cando en vez
ten estas cousas,
é como unha nena caprichosa,
que chega e xoga...
Asun Estévez
pero chegou o todo
e sorprendeunos...
Olláronse e descubriron un horizonte,
o inicio dun novo camiño.
Recoñecéronse a pesar do tempo
e botáronse a andar...
Imposível esquecer tanto.
A vida de cando en vez
ten estas cousas,
é como unha nena caprichosa,
que chega e xoga...
Asun Estévez
martes, 26 de noviembre de 2013
Fun contigo
Fun contigo
A praia.
Pola area,
camiñando.
Vestida a pel de vento.
Envolta en auga salgada.
Fun contigo
desafiando a maraxe
cos peitos nus.
Traspasei o océano.
Abrín a porta do horizonte.
Mar
Refuxio mariño
das almas ceibes.
Fun contigo,
a praia.
Fun contigo.
Soñando.
Descalza.
Asun Estévez (Pel de muller)
lunes, 25 de noviembre de 2013
Memoria
Siempre algo de lo que fuimos permanece, la raíz, la esencia.
Un algo que nos lleva a ese origen de donde venimos.
La memoria de un tiempo que fue más nuestro que ninguno.
El comienzo de ese todo al que pertenecemos y que nos conforma.
Siempre,
en una mirada que no crece,
en una sonrisa que no me abandona.
La niña que fui un día
todavía vive en mi.
Asun Estévez
Un algo que nos lleva a ese origen de donde venimos.
La memoria de un tiempo que fue más nuestro que ninguno.
El comienzo de ese todo al que pertenecemos y que nos conforma.
Siempre,
en una mirada que no crece,
en una sonrisa que no me abandona.
La niña que fui un día
todavía vive en mi.
Asun Estévez
Seguir vivas
Morremos moitas veces e seguimos vivas
aquí e agora,
neste intre con vida propia.
Mantendo o equilibrio
desas causas que aínda non se perderon.
E pensamos nelas,
nas súas vidas encollidas,
nos berros invisíbeis
nos crueis pesos mortos
que o estragan todo.
En todas as bágoas vertidas,
nesa dor fritida en aceite.
E queremos ser palabra.
Ser voz.
Unha voz nítida que se escoite.
A Túa
a Miña
a de Todas!
Mirar de fronte ao mundo
e que non trema o corpo.
Renacer en augas limpas
e gritar os nosos nomes.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
domingo, 24 de noviembre de 2013
Chegas!
Chegas!
Nocivo e necesario
nunha noite que esperta,
rabuñando adxetivos ocultos
no meu canto de libélula.
Chegas!
E rachas a xeometría
dunha ausencia que corroe.
desterrando os meus desvelos
horizontais e indefinidos.
Chegas!
E ábrense os acantilados
que desfollan os meus campos.
E queimas os pasadizos
onde medran as miñas moléculas.
Chegas!
Deixo de vivir na miña carne.
Derretes o tempo.
Desatas e vértese a miña galaxia!
E pos en hora os reloxos
que me recordan que esta noite
aínda non estou morta!
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
Nocivo e necesario
nunha noite que esperta,
rabuñando adxetivos ocultos
no meu canto de libélula.
Chegas!
E rachas a xeometría
dunha ausencia que corroe.
desterrando os meus desvelos
horizontais e indefinidos.
Chegas!
E ábrense os acantilados
que desfollan os meus campos.
E queimas os pasadizos
onde medran as miñas moléculas.
Chegas!
Deixo de vivir na miña carne.
Derretes o tempo.
Desatas e vértese a miña galaxia!
E pos en hora os reloxos
que me recordan que esta noite
aínda non estou morta!
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
sábado, 23 de noviembre de 2013
Libertad
No quiero renunciar a reinventarme cada día,
a sentirme sorprendida ante lo imperceptible.
No quiero renunciar a ser yo
en este despropósito de vida.
Desoxidarme de la rutina
y destejer el látigo que me doblega
hasta encontrar esa flor que me habite.
Mujer, libertad, palabra...
Asun Estévez
viernes, 22 de noviembre de 2013
Abre as xanelas!
Chegaches coa boca cosida
e a luz exiliada dos ollos.
Coas mans pintadas de brétema
e a dor impresa nos xeonllos.
Nun trono de sombras
coroada de pedras.
meniña descalza, coitada,
fuxindo dos soños resgados.
Arrinca as raíces noxentas
que feren o teu corpo.
Desata as cordas dos nocellos,
deixa que corran as pernas.
Abre as xanelas !
Cando entre o sol gárdao na artesa.
Enche as gretas de verbas,
fúndete núa nas mareas.
E préndelle lume as serpes
que che cuspiron na inocencia.
Abre as xanelas!
Aló no horizonte...
sorrí unha nena.
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Menos non ser eu , gústame todo
A liberdade que escorrega
polas pernas abertas.
Ir cos beizos pintados,
nesta boca sedenta.
Vestir o corpo de luces,
levar a alma en coiros.
Menos non ser eu,
gústame todo.
O amor metafórico,
o sexo irreverente.
Durmir ó serán
no colo da noite.
O amor incandescente,
desexo incesante.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Da loucura desta vida,
desertar.
Amar sen pagar peaxe.
Amarrarme o temón.
Ter unha barca
disposta a navegar.
Menos non ser eu,
gústame todo.
E quero encherme ,
encherme de estrelas
ata reventar.
Dame de comer.
Non ves que teño fame?
O sen nome,
o innomeable.
Perségueme no silencio.
Fóra a escuridade.
Fóra a censura.
Cruzar a fronteira.
Camiñar polos carreiros
en busca de aventura.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Asun Estévez (Pel de muller)
polas pernas abertas.
Ir cos beizos pintados,
nesta boca sedenta.
Vestir o corpo de luces,
levar a alma en coiros.
Menos non ser eu,
gústame todo.
O amor metafórico,
o sexo irreverente.
Durmir ó serán
no colo da noite.
O amor incandescente,
desexo incesante.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Da loucura desta vida,
desertar.
Amar sen pagar peaxe.
Amarrarme o temón.
Ter unha barca
disposta a navegar.
Menos non ser eu,
gústame todo.
E quero encherme ,
encherme de estrelas
ata reventar.
Dame de comer.
Non ves que teño fame?
O sen nome,
o innomeable.
Perségueme no silencio.
Fóra a escuridade.
Fóra a censura.
Cruzar a fronteira.
Camiñar polos carreiros
en busca de aventura.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Asun Estévez (Pel de muller)
domingo, 17 de noviembre de 2013
Aquí e alá
Aquí e alá
en tódolos lugares
e en ningures.
Á procura dun anaco de vida,
non máis...
Aquí e alá
en tódolos lugares
e en ningures.
Sempre rodeada de distancias...
É a ausencia un tempo escuro
que aplaca calquera luz.
en tódolos lugares
e en ningures.
Á procura dun anaco de vida,
non máis...
Aquí e alá
en tódolos lugares
e en ningures.
Sempre rodeada de distancias...
É a ausencia un tempo escuro
que aplaca calquera luz.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
Escribo
Quero compartir este poema o que alguén lle dou unha resposta que considero moi fermosa.
No mundo das palabras acontecen estas cousas.

.
viernes, 15 de noviembre de 2013
Xustiza
Chámanlle xustiza
Coñécela?
Din que viste de preto
que leva no rostro
mofa e desprezo.
O ollar é de xeo,
o sangue,
un fluído pegañoso
e escuro.
Arrastra as pernas
e calza cadeas,
esmigalla ao seu paso
calquera forma de vida.
Chámanlle xustiza...
e durme en cama de ouro
por enriba do mundo,
mentres outros...outros
dormen nas rúas...
e choran na sombra.
Chámanlle xustiza...
e os seus tentáculos
emporcan todo canto tocan.
O noso azul,
os nosos camiños,
a nosa liberdade.
Chámanlle xustiza
e houbo un día
que confiei nela.
Parva de min
sempre crendo en utopías.
Chámanlle xustiza...
e seica traba coma unha loba.
Así che chaman...
por chamarlle... dalgunha maneira.
Ata cando este silencio?
Este silencio consentido,
meu, teu
e de todos.
Dime ti ata cando?...
Dimo ti se o sabes.
Porque non hai dor
que o tempo cure,
nin haberá lugar
para agochar tanta vergoña
e tanta, tanta pena.
Asun Estévez
jueves, 14 de noviembre de 2013
Espellos
Vou correndo...
e tropezo.
Mírome nos espellos.
Descubro os estigmas noxentos
que debuxan a miña fronte.
Vou correndo...
violenta.
E rómpese o vestido
que oculta a inocencia.
E alí están eles,
mirándome como se fose
unha simple presa.
Abro a luz.
Estrangulo ao silencio.
Libérome dos zapatos
que tanto me apertan.
É bótome ao camiño
pisando herbas, lagartos,
os velenos que nos destrúen.
Vou correndo...
mostrando o meu corpo pequeno,
as raíces do meu peito.
Vou correndo...
Mírome nos espellos
e gústame o que vexo.
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
miércoles, 13 de noviembre de 2013
¿Recuerdas?
Por si quieres volver,
estaré donde siempre..
¿Recuerdas?
En la curva del instante donde me dejaste.
En una ciudad sin nombre,
en la calle de nadie.
Asun Estévez
martes, 12 de noviembre de 2013
Ti misma
Es, sempre es.
Dobregando a túa esencia
no límite de ti mesma.
Un día
e outro
e outro
en anacos e completa.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
Dobregando a túa esencia
no límite de ti mesma.
Un día
e outro
e outro
en anacos e completa.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
lunes, 11 de noviembre de 2013
domingo, 10 de noviembre de 2013
Bajo la lluvia
BAJO LA LLUVIA
Es en estos días de lluvia
cuando precisode arrancar la piel
ser una flor sin nombre,
sin un código de barras
que me delate.
Clavar de nuevo en las heridas
para permanecer fuerte,
entera,
más viva…
y salir a la calle…
Correr
bailar
saltar
cantar
gritar…
dejar que brote
en mi cuerpo,
que cada gota
sea un acorde
que me inunde,
que me ahogue,
que me haga suya…
Es en estos días de lluvia
cuando me reconstruyo
y soy más yo,
la más cierta.
Bajo la lluvia
provocando la vida,
haciéndola mía.
Bajo la lluvia,
desnuda
por dentro y por fuera,
sin nada
y poseyéndolo todo…
Bajo la lluvia, desnuda
en un abrazoque amarre el tiempo
mientras me habita.
Asun Estévez
8-agosto-2013sábado, 9 de noviembre de 2013
Aquí
e aníñome nas follas.
E o silencio un espazo
que clama ser enchido.
Eu aquí e ti,
ti tan lonxe...
Por que non agora?
Asun Estévez
Prensa 1
en verso
"Escribir faime gozar"
Asun Estévez: "Cabréame o que está a pasar coa lingua galega. Hai que seguir reclamando a liberdade para o noso idioma"
A autora, Asun Estévez, coa portada do libro - FOTO:
AXENCIAS
VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO | 15.01.2011
Asun Estévez (Bueu, 1966) comezou a súa andaina literaria "cara ao mundo" en
2008 co libro Pel de muller, no que vertía en verso o íntimo proceso de
superación dun cancro de mama. Agora volve recuncar en Ir Indo co seu segundo
poemario, Noites, amenceres... e algo máis que presenta mañá, día 16,
no Auditorio Municipal de Cangas, ás 18.00 horas, e tamén haberá un recital
poético a cargo da propia autora, acompañada á guitarra por Estela Martínez
Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz. Nesta obra amosa unha evolución cara a unha
poesía máis social, máis preocupada polo que pasa ao seu arredor, aínda que
tamén volve sobre a súa propia experiencia coa escrita. "Gústame o infinito, ter
o horizonte amplo, deixar atrás os zapatos que me apertan. Porque sei que así,
todo acabará sendo posible", asegura a poeta.
Encabezada por unhas verbas de Antía Cal, que se declara "engaiolada" coa
poesía de Asun, e ilustrada polo debuxante pontevedrés Luis Davila, a obra
representa, segundo a autora, "unha evolución" con respecto a Pel de
muller. "Empeza cun poema que se titula "Deixando atrás" e que significa un
cambio na miña maneira de sentir e tamén de expresarme. Sinto máis ganas de
deixar o "eu" e dicir outras cousas", explica.
A presenza do mar, a sensualidade, a intensidade das sensacións ou o amor
configúranse como as bases temáticas da poesía da bueuense. "Son sensacións sen
as que non podo vivir. Cando escribo é como vivir moitas vidas nunha soa. Podo
dicir cousas que non diría se non estivera diante do papel. Cando escribo sinto
que son invencible, que o mundo non doe, é como unha fame ou unha sede da que
non me podo saciar", asegura.
A intensidade do sentimento amoroso é reflexo, para a autora, da súa vivencia
coa escrita. "Escribir faime gozar como ningunha outra cousa. Cando penso e
verto as miñas palabras sobre o papel, desfruto pero aínda desfruto máis cando
as recito. É coma unha especie de fusión entre o corpo e o pensamento", sinala a
autora.
Chove
Chove
Rio...Canto...Bailo
Deixo que me molles
Baixo a chuvia,espida
Num abrazo que detén o tempo
Mentres me habita...
Asun Estévez (medrar na mans)
Navegar
Quero fuxir da cárcere dos recordos
encher o barco de vellos fantasmas
e botalos polo mar abaixo.
E correr...
Abrirlle a porta a primavera.
navegar na poesía
fuxir con ela onde ninguén me mire.
Na miña fraxilidade síntome forte.
Vou arrincar as cordas que prenden estas mans
para tocar o vento e gardalo nalgún lugar
onde ninguén o atope.
E refuxiome asustada
abrazada as palabras.
As monecas coas que xogaba
teñen a cara pintada.
No amencer quero perderme
voar cos brazos abertos
respirando liberdade.
Trousar o que levo dentro de min.
Correr polos escenarios que sempre imaxinei,
desafiando os meus medos.
Co meu vestido de estrelas esperarei....
Son un labirinto que pide ser descuberto.
Rachar o peito
que emane a música que teño dentro.
Romperei as murallas
que non me deixan medrar.
O mar é inmenso
e eu quero navegar!
Asun Estévez (Pel de muller)
encher o barco de vellos fantasmas
e botalos polo mar abaixo.
E correr...
Abrirlle a porta a primavera.
navegar na poesía
fuxir con ela onde ninguén me mire.
Na miña fraxilidade síntome forte.
Vou arrincar as cordas que prenden estas mans
para tocar o vento e gardalo nalgún lugar
onde ninguén o atope.

abrazada as palabras.
As monecas coas que xogaba
teñen a cara pintada.
No amencer quero perderme
voar cos brazos abertos
respirando liberdade.
Trousar o que levo dentro de min.
Correr polos escenarios que sempre imaxinei,
desafiando os meus medos.
Co meu vestido de estrelas esperarei....
Son un labirinto que pide ser descuberto.
Rachar o peito
que emane a música que teño dentro.
Romperei as murallas
que non me deixan medrar.
O mar é inmenso
e eu quero navegar!
Asun Estévez (Pel de muller)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)