
No Caderno da crítica os meus Manuscritos
http://t.co/tj6pvbwnWa (pinchar no enlace)
Visita
hoxe esta sección a escritora Asun Estévez que nos deixa tres mostras
manuscritas do seu traballo poético, ámbito no que deu a coñecer títulos como Pel de muller (Ir Indo, 2008), Noites, amenceres… e algo máis, (Ir Indo, 2010) e
mais Medrar nas mans (Ir Indo, 2013). Volumes aos que
cómpre engadir a peza narrativaBicos de sol (Ir
Indo, 2010).
Para a autora
escribir vén sendo «unha mestura de necesidade e de pracer. E fágoo dende
sempre, dende que teño recordos».
No que se refire
ás dinámicas da escrita lembra desde sempre illarse, procurar o silencio, aínda
que isto mudou nos últimos tempos: «calquera lugar pode ser o idóneo, mesmo
rodeada de xente. A palabra chega e enxordece calquera ruído, faise dona do
espazo e lévame lonxe. É a fame que pide ser saciada e a fonte onde eu bebo».
Ao tempo sinala que o primeiro borrador é sempre a man: «é máis persoal,
máis íntimo. No manuscrito concéntrase a forza e a sensación dese momento no
que a palabra está a ser pensada. Naturalmente ao final acabo pasándoos tamén
ao ordenador».
No
que atinxe ao proceso de xestación dun texto a autora non lle dá máis voltas ao
«expresar o que sinto tal como nace, a primeira idea ten sempre a preferencia e
tento non modificala no posíbel. Normalmente o poema brota de min xa completo,
nunha linguaxe nítida, próxima. Gústame transmitir o latexo do profundo e a
palabra permítemo, nela síntome segura, síntome máis eu, máis auténtica.
Escribir e que me entendan, con iso teño suficiente».
No hay comentarios:
Publicar un comentario