Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
domingo, 29 de diciembre de 2013
Auténtica
Coas pálpebras pechadas
transfórmome.
Nos confíns do teu mundo
son insaciable.
Neste universo de linguaxes
son unha illa
sen fronteiras para ti.
As túas ondas explícitas
baten nas miñas rochas
e médranme as mans
cando te toco.
Fálame de amor,
cúbreme de sedas e xestas.
Escúlpeme a bicos,
arrástrame con melodías.
Envolve as miñas nubes
con pétalos de orballo
e amárrame con elas.
Nos meus puntos cardinais
bifúrcate.
E sorbe os xaropes de meu corpo
que se entrega insolente.
Escóndete nas raiolas
deste palpitar frenético.
Con vendavais de pracer
expurga a miña praia.
Co meu corpo desatado
son libre!
Atravesando os silencios
coa miña música.
Amareite auténtica.
Amareite ata quebrar.
Porque son ampla.
Son extrema, esaxerada.
Intensa!!!
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
...Amareite ata quebrar.
ResponderEliminarPorque son ampla.
Son extrema, esaxerada.
Intensa!!!..."
Forte e suave como o mar, bj