Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
sábado, 26 de julio de 2014
Ficar por sempre
Vou ficar por sempre
preto de todo o meu.,
entre árbores e rosas
e a laranxeira en flor.
Has de sentirme coa chuvia.
Heite tocar cando vente.
nun recuncho do meu xardín,
esperareite...
Nas pingas do orballo,
no sorriso dos páxaros.
Nas cousiñas máis pequenas...
aniñareime.
Nas noites de primavera,
serei un vagalume.
Bailarei ó son dos grilos,
como cativa pequena.
Quero quedar
nas meniñas dos ollos
de quen me quere.
Non quero marchar,
vou ficar por sempre.
Nun recuncho do meu xardín,
agromarei se ti me regas.
Se pensas nas miñas mans
acariciareite con elas...
E pensarás que aínda estou.
Estarei...
se ti o queres.
Quizais nunca me fun.
Voltarei coa lúa chea.
Asun Estévez (Pel de muller)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Se precisares de jardineiro :) Bonito poema. :)
ResponderEliminarNa tua pel de mulher há rios de poesia escorrendo para os braços do mar onde te afudas!...
ResponderEliminarBicos... moitos!
AL
Perfeito Asun!
ResponderEliminar