viernes, 8 de noviembre de 2013

Ao fin, a terra


Cabalguei o soño 
ata atoparte. 
E alí estabas durmindo 
a beira dunha páxina en branco. 
Esperteite e descubrín 
que estaba a piques de escribirte. 
Ao fin  
chegou o tempo da colleita... 
Sinto que en min estoupa a vida  
entre palabras incendiarias 
que camiñan á procura 
da terra, máis profunda. 
Da única terra certa. 

Asun Estévez

No hay comentarios:

Publicar un comentario