Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
martes, 21 de enero de 2014
Aquí me tes
Aquí me tes
xirando na palabra.
Nunha espiral
de preguntas.
Orfa de todo
cando non atopo respostas.
Aquí me tes,
transeúnte nas túas arterias.
Desprendéndome de tódolos pretéritos
entre sombras e luces.
Escribo e borro,
e volta de novo a escribir
e volta de novo a nacer.
Aquí me tes
con palabras ou sen elas.
Aquí me tes...
Non te esquezas.
Asun Estévez
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario