martes, 14 de enero de 2014

Manuscritos: Asun Estévez


                                            

                                                 No Caderno da crítica os meus Manuscritos      

                                                   http://t.co/tj6pvbwnWa  (pinchar no enlace)



Visita hoxe esta sección a escritora Asun Estévez que nos deixa tres  mostras manuscritas do seu traballo poético, ámbito no que deu a coñecer títulos como Pel de muller (Ir Indo, 2008), Noites, amenceres… e algo máis, (Ir Indo, 2010) e mais  Medrar nas mans (Ir Indo, 2013). Volumes aos que cómpre engadir a peza narrativaBicos de sol (Ir Indo2010).
     Para a autora escribir  vén sendo «unha mestura de necesidade e de pracer. E fágoo dende sempre, dende que teño recordos».
    No que se refire ás dinámicas da escrita lembra desde sempre illarse, procurar o silencio, aínda que isto mudou nos últimos tempos: «calquera lugar pode ser o idóneo, mesmo rodeada de xente. A palabra chega e enxordece calquera ruído, faise dona do espazo e lévame lonxe. É a fame que pide ser saciada e a fonte onde eu bebo». Ao tempo sinala que o primeiro borrador é sempre a man: «é máis persoal, máis íntimo. No manuscrito concéntrase a forza e a sensación dese momento no que a palabra está a ser pensada. Naturalmente ao final acabo pasándoos tamén ao ordenador».

       No que atinxe ao proceso de xestación dun texto a autora non lle dá máis voltas ao «expresar o que sinto tal como nace, a primeira idea ten sempre a preferencia e tento non modificala no posíbel. Normalmente o poema brota de min xa completo, nunha linguaxe nítida, próxima. Gústame transmitir o latexo do profundo e a palabra permítemo, nela síntome segura, síntome máis eu, máis auténtica. Escribir e que me entendan, con iso teño suficiente».

No hay comentarios:

Publicar un comentario