A miña ollada é
unha inadaptada
que camiña por
libre
e tenta conter
ao mundo.
A miña ollada é
un sopro do sol
que busca a
redención
no último
retallo dunha páxina.
A miña ollada
vai por diante
e non entende de
humildades.
É unha metáfora
provocadora,
é un trazo que
baila espido
ao redor do
lume.
A miña ollada
é unha nena
malcriada,
que salta e
goza,
que ama e
berra...
A miña ollada
lévame lonxe,
e un vento que
me fai voar
e me enche de
vida.
Mais hai nela
unha fondura
que sabe a
ferro, que sabe a grito,
(que
ole a mar, que ole a bágoa).
Asun Estévez (Medrar nas mans)
No hay comentarios:
Publicar un comentario