Botouse
a camiñar...non era a primeira vez que facía aquel recorrido.
Lembraba cada
pedra, os seus pés gardaban na memoria aquela terra.
Virou a cabeza e ollou todo
canto deixaba atrás. Apenas necesitou un intre.
Respirou, fíxoo profundamente e
colleulle no peito a vida enteira.
Unha
bágoa escorregou pola meixela, nos beizos pousóuselle un sorriso...
e proseguiu camiñando.
Hoxe o horizonte amosábase distinto...
Asun Estévez
No hay comentarios:
Publicar un comentario