Ámote Poesía...
luz que alumea,
faro que me guía.
Ámote
enteira e rota,
pausada, delirante,
doce e violenta.
Ámote
cando acaricias,
cando sangras,
cando berras.
Ámote!
quero que o saibas
Poesía!
Ámote...
onte, hoxe, mañá...
Ámote sempre!
Asun Estévez
No hay comentarios:
Publicar un comentario