A liberdade que escorrega
polas pernas abertas.
Ir cos beizos pintados,
nesta boca sedenta.
Vestir o corpo de luces,
levar a alma en coiros.
Menos non ser eu,
gústame todo.
O amor metafórico,
o sexo irreverente.
Durmir ó serán
no colo da noite.
O amor incandescente,
desexo incesante.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Da loucura desta vida,
desertar.
Amar sen pagar peaxe.
Amarrarme o temón.
Ter unha barca
disposta a navegar.
Menos non ser eu,
gústame todo.
E quero encherme ,
encherme de estrelas
ata reventar.
Dame de comer.
Non ves que teño fame?
O sen nome,
o innomeable.
Perségueme no silencio.
Fóra a escuridade.
Fóra a censura.
Cruzar a fronteira.
Camiñar polos carreiros
en busca de aventura.
Menos non ser eu,
gústame todo.
Asun Estévez (Pel de muller)
Mentres sexas tí mesma... a min tamén...!!!!!
ResponderEliminarBiquiños.
¡¡Que fermoso poema.!!
ResponderEliminarUn beso amiga!!
Espero non perder nunca a autenticidade!. Ser eu con todo o bo e o malo que eso conleva...
ResponderEliminarBicos