Poesía, o lugar máis íntimo e profundo, a sublime caricia. Esa voz que o enche todo de vida. Poesía, navegarei en ti e fareite miña... Achégate! A porta está aberta. Entra...faremos xuntos o camiño.
lunes, 25 de noviembre de 2013
Seguir vivas
Morremos moitas veces e seguimos vivas
aquí e agora,
neste intre con vida propia.
Mantendo o equilibrio
desas causas que aínda non se perderon.
E pensamos nelas,
nas súas vidas encollidas,
nos berros invisíbeis
nos crueis pesos mortos
que o estragan todo.
En todas as bágoas vertidas,
nesa dor fritida en aceite.
E queremos ser palabra.
Ser voz.
Unha voz nítida que se escoite.
A Túa
a Miña
a de Todas!
Mirar de fronte ao mundo
e que non trema o corpo.
Renacer en augas limpas
e gritar os nosos nomes.
Asun Estévez (Medrar nas mans)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario