viernes, 8 de noviembre de 2013

Asfixiada





ASFIXIADA


Asfixiada!
Nas paredes
Nos muros
Nos círculos que me rodean
No cordón umbilical do meu baleiro

Asfixiada!...
Nun arrepío interminable
Nunha realidade que camiña
a ningunha parte
Asfixiada!
No que non digo
No que sinto e conteño

Asfixiada!
Na inexpresión dun ollar
Na puñalada dun silencio

Asfixiada!
Nunha beira sen praia
Nunha morte anunciada
que se esqueceu de vivir!


Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)

No hay comentarios:

Publicar un comentario