Chegaches coa boca cosida
e a luz exiliada dos ollos.
Coas mans pintadas de brétema
e a dor impresa nos xeonllos.
Nun trono de sombras
coroada de pedras.
meniña descalza, coitada,
fuxindo dos soños resgados.
Arrinca as raíces noxentas
que feren o teu corpo.
Desata as cordas dos nocellos,
deixa que corran as pernas.
Abre as xanelas !
Cando entre o sol gárdao na artesa.
Enche as gretas de verbas,
fúndete núa nas mareas.
E préndelle lume as serpes
que che cuspiron na inocencia.
Abre as xanelas!
Aló no horizonte...
sorrí unha nena.
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
Me encanta, eres capaz de expresar artísticamente los sentimientos que llenan a veces nuestra vida.
ResponderEliminar