Xa non esperaban nada
pero chegou o todo
e sorprendeunos...
Olláronse e descubriron un horizonte,
o inicio dun novo camiño.
Recoñecéronse a pesar do tempo
e botáronse a andar...
Imposível esquecer tanto.
A vida de cando en vez
ten estas cousas,
é como unha nena caprichosa,
que chega e xoga...
Asun Estévez
No hay comentarios:
Publicar un comentario