viernes, 8 de noviembre de 2013

E corren...

Chove e os días corren
na nosa busca e captura.
Perséguennos incansables
coma lobos famentos
que nunca se dan fartos....
A chuvia segue a bater nos cristais,
o vento fai tremer
a cintura dos salgueiros.
Corren os días
e o tempo é un cruel inimigo
que nos morde nos ollos
clamando vinganza.
Segue chovendo...
os días tamén seguen correndo...
ninguén se atreve a detelos.


Asun Estévez (Medrar nas mans)




No hay comentarios:

Publicar un comentario