Nocivo e necesario
nunha noite que esperta,
rabuñando adxetivos ocultos
no meu canto de libélula.
Chegas!
E rachas a xeometría
dunha ausencia que corroe.
desterrando os meus desvelos
horizontais e indefinidos.
Chegas!
E ábrense os acantilados
que desfollan os meus campos.
E queimas os pasadizos
onde medran as miñas moléculas.
Chegas!
Deixo de vivir na miña carne.
Derretes o tempo.
Desatas e vértese a miña galaxia!
E pos en hora os reloxos
que me recordan que esta noite
aínda non estou morta!
Asun Estévez (Noites, amenceres...e algo máis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario